O pasado ano 2019 tanto a Xunta de Galicia como as Universidades recoñeceron que as persoas que eran nais e pais durante o seu programa posdoutoral sufrían un alto grao de discriminación, xa que debido ao deseño da convocatoria quedaban descolgadas durante longos períodos da seguinte. Aínda sen ser óptima, a propia Xunta fixo unha proposta para que esas persoas non quedasen fóra do sistema.

Na crise causada pola COVID-19, a Xunta de Galicia deixa de novo desamparado a este colectivo ao ampliar 6 meses as figuras contractuais de tódolos investigadores e investigadoras pre e posdoutorais que dela dependen (concretamente, 436), pero deixando fóra ás tres mulleres e un home que se acolleran o ano pasado aos permisos de maternidade e paternidade.

Comunicado completo en InvestiGal

Categories: Notícies